PARTINDO DA SINCERIDADE

Unha opinión coa que só buscamos escoitarnos e entendernos a nós mesmas.

Comezar a falar de antixitanismo coa nosa propia opiniónmulleres que non sufrimos esta discriminación- pode parecer un primeiro xesto de branquitude e egocentrismo. Porén, aínda que con estas liñas vimos a cuestionarnos a nosa propia posición de privilexio como comunicadoras, agardamos amplificar o menos posible as nosas propias sombras.

Como avanzamos, queremos contarvos brevemente a nosa historia, aínda sabendo que non é – nin moito menos- a que queredes (ou debedes) vir a descubrir aquí. Valémonos da primeira persoa porque cremos que o noso proceso de traballo puido ter sido obxecto de estudo, foco dos cuestionamentos e protagonista desta reportaxe. É por iso, que dende o proceso no que nos atopamos agora, queremos trasladarvos a aprendizaxe que esta humilde peza nos deixa: 

O proceso de creación desta reportaxe foi, á súa vez, de aprendizaxe. Iniciamos a investigación con ganas de afondar no tema, con moitas dúbidas sobre o tratamento e o enfoque, con medos ante o descoñecemento e, sobre todo, sendo moi conscientes del.  Mais o comezo estivo tamén marcado por unha certeza común: como comunicadoras temos a responsabilidade de traballar, cuestionar e revisar o tratamento das informacións.

Ao longo destes meses fómonos atopando con voces diversas, todas elas pertencentes á comunidade xitana, que nos foron guiando e nos levaron a cuestionarnos: por que falamos das opinións e roles doutras persoas cando tamén debemos revisar o noso propio papel?

 

“No puedo evitar sentir que las mujeres que tenemos un discurso más específico ,porque estamos en los márgenes en algún sentido en que las demás no suelen estarlo, nos atrapan en ese rol. Como a la mariposa de Lole y Manuel con alfileres sobre cartulinas negras. 

Todo tiene que ver con reparar el vínculo humano. Hay bastantes medios de comunicación que han contado conmigo para participar en un programa concreto o para escribir un artículo puntual, y siempre quieren que sea “la gitana”. A mí no me molesta, porque forma parte de mi identidad y mi mensaje, se me da bien y haré lo que pueda por el pueblo gitano cada vez que me sea posible. Por decirlo de otra forma: es un honor, y tengo a mi abuela Rosa en mente cuando lo hago, y en ella veo a todas las mujeres gitanas. 

Pero “yo” soy muchas otras cosas.

Creo, además, que cuando utilizan la expresión “dar visibilidad” nos están queriendo decir que su lugar es mejor que el nuestro y que deberíamos estar agradecidas por el gesto, que al parecer es más poderoso que nuestra misma existencia. Que lo que nosotras somos es “invisible” hasta que alguien como ellas tiene la bondad de elevarlo al academicismo o a su prestigioso espacio laboral

El caso es que “yo” soy mucho más que aquello a lo que buscan reducirme.

[…]

No quiero parecer desagradecida con quienes deciden tratar esos temas desde donde pueden, ya sea en espacios académicos o proyectos profesionales. Lo agradezco de corazón, como muchas otras personas.

Lo que no puedo hacer todas las veces es trabajar para los demás en el tiempo que tengo “yo” para producir, estudiar o descansar, sin recibir “nada” y llevándose ellos “algo” por mi discurso y mis ideas. Y digo más: tampoco los grupos discriminados necesitan que alguien que no los conoce escriba un trabajo con aires de solidaridad y condescendencia, ni quien decida hacerlo es un héroe.”

Noelia Cortés en La higuera de las gitanas 

Queremos recuperar o que foi para nós este libro: La higuera de las gitanas de Noelia Cortés. As súas palabras foron pasando dunhas mans a outras. Unhas marcaban páxinas coa necesidade de volver a elas e outras, curiosamente, coincidían coas anteriores e coas futuras. Noelia deunos con este libro a oportunidade de facer o traballo de revisar o noso papel antes que sentarnos a falar do rol das demais persoas. Cal é a responsabilidade da comunicación na loita contra o antixitanismo? e na representación actual da comunidade xitana? Reflexionamos xuntas grazas ás palabras de mulleres coma Noelia. Verdades coma puños desas que te atravesan cando es consciente de que nunca antes te paraches a pensar niso que che están dicindo.

Conseguíramos, ou non, dar a ollada que queriamos transmitir con esta reportaxe, o que si nos levamos dela é unha idea moi clara. Unha vez máis, agradecidas ás palabras de Noelia:

“Creo que el camino es visitar las higueras ajenas y trenzar un vínculo de comprensión y memoria entre todas, como los gitanos canasteros trenzan el esparto. Mi abuela nunca pudo ir al colegio, pero sabía trenzar el pelo en cinco espigas, que para mí albergan toda la sabiduría del feminismo…

el feminismo es una trenza de cinco espigas” 

Noelia Cortés en La higuera de las gitanas 

Antes de que avances lendo, vendo e escoitando esta reportaxe, queremos que saibas que este é só o inicio de proxectos futuros en relación ao antixitanismo e que, se pertences á comunidade xitana e queres compartir connosco os teus comentarios, críticas, opinións ou inquedanzas sobre o tema, aquí estamos para escoitarte.