UNHA OLLADA Á COMUNICACIÓN
Imaxinemos un xornal nacional. Sección de sociedade, ano 2021. Comezamos a ler as novas: prezos da vivienda, chuvias e treboadas no Mediterráneo, o último avance en sanidade, un par de sucesos… e de súpeto isto:
“Detenido un joven de 17 años por violar a otra de 15 tras una boda gitana en Lleida”
Ou isto:
“Los Ángeles, el clan de gitanos feriantes que ha desmontado a El Chicle: "Iba de caza, no a robar"
Ou isto outro:
“Prisión para una mujer de etnia gitana por robar varios productos en Mercadona”
Seguimos na nosa rutina informativa matutina e outro día lemos isto:
“Una discusión entre clanes de etnia gitana en Archena acaba con disparos”
Comezamos a ver o video que acompaña á noticia e nunha declaración, un veciño comenta:
“Se dispararon porque eran gitanos”
Estes e máis exemplos son reais e están recollidos na web de Romani Pativ, un proxecto da plataforma Khetane e do Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 que da resposta ao tratamento incorrecto da información sobre o Pobo Xitano nos medios de comunicación e Internet.
É común ver nos medios xeneralistas españois noticias onde se especifica ou se resalta a orixe xitana dos protagonistas relacionados con actos delictivos xerando así una connotación negativa das personas que pertencen ao pobo xitano. Esta información é aproveitada por algún sectores sociais para acender a chama de discursos de odio que se expanden rápidamente a través das redes sociais.
O proxecto Romani Pativ (que se traduce como “dignidade xitana”) publica cada ano un informe anual sobre o traballo de monitoreo dos discursos de odio contra o pobo xitano identificados nos distintos medios de comunicación. Segundo recolle este informe, para o caso de España, os discursos de odio dirixidos ao Pobo Xitano incrementáronse un 16,8% no 2022, sendo o máis elevado en relación a outros sectores da poboación (migrantes, homosexuales) e a outros anos.
Unha contranarrativa contra a discriminación
En Fakali entenden a discriminación coma una forma de violencia: “A xente que sufre os discursos de odio que crean narrativas acerca do concepto de ‘xitano’, están a sufrir tamén una violencia verbal e sobre todo psicolóxica, é una maneira de apartarte da sociedade, de exclusión por ser xitano”
A estratexia para responder aos discursos de odio, especifíca Moreno, é a construcción dunha contranarrativa. Unha maneira de informar que traballe en contra de toda aquela narrativa que aboga directa ou indirectamente hacia a discriminación.
Para Romani Pativ, esta contranarrativa consiste, dunha banda en dar información alternativa clara e concisa que permita deconstruir una mensaxe erronea, falsa ou manipulada que normalmente vai cargada de desinformación, racismo e discriminación e doutra banda, en dignificar as situación onde se atopa desprezo: frente a mensaxe de que todos os xitanos son vagos, pódese facer una crónica dun día na vida dun xitano.
Son poucos os espazos onde o pobo xitano estea representado fisicamente. Non estamos representados e a sociedade maioritaria fala por nós. Temos que ser nós mesmos os que teñamos voz e voto para falar dos xitanos
Alejandra Moreno
A responsabilidade xornalística: O código deontolóxico
Ademáis de crear unha contranarrativa antiracista, existe outro punto importante para loitar contra a o antixitanismo nos medios de comunicación: A aplicación código deontolóxico xornalístico.
Dende Romani Pativ insisten en cada denuncia que fan de informacións antixitanas na responsabilidade de cumplir este conxunto de normas éticas para o desenvolvemento da profesión que especifica no seu artigo 7 o seguinte:
O xornalista extremará o seu celo profesional no respecto ao dereitos dos máis débiles e discriminados. É por iso que debe manter una especial sensibilidad nos casos de información ou opinión de contido eventualmente discriminatorio ou susceptibles de incitar á violencia ou a prácticas humanas degragandes.
- Debe, por iso, absterse de aludir, de modo despectivo ou con prexuizos á raza, cor, relixión, orixe social ou sexo dunha persoa ou calquera enfermidade ou discapacidade física e mental que padeza.
- Debe tamén absterse de publicar eses datos salvo que garden relación directa coa información publicada.
Camiñando cara outro tratamento informativo
O Ministerio de Igualdade publicou, baixo a promoción e coordinación da KAMIRA (Federación de asociacións de mulleres xitanas ) o documento “Recomendacións para o tratamento da comunidade xitana nos medios de comunicación”
O obxectivo deste documento é servir de referencia para as persoas preocupadas pola reproducción de estereotipos e prexuizos respecto da comunidade xitana transmitidos a través dos medios de comunicación e que dificultan a loita contra a discriminación e a plena integración das persoas de etnia xitana.
Como profesionais da comunicación, nós quixemos recoller tódalas ideas e consellos que fomos aprendendo e sumando ao longo da produción desta reportaxe e crear a nosa propia guía de recomendacións.
Preguntámoslle a Maritha Marques polo papel das e dos profesionais da comunicación na loita contra o odio e na construción de novas narrativas:
@agareso_ong 🤔Cal é o papel das e dos estudantes e profesionais da comunicación na loita contra o odio? 🗣Falamos disto con @Maritha | Opre Roma #mudaoconto ♬ Judicious Night - DJ BAI
