UN COLECTIVO DIVERSO

Maritha Marques descríbese con ton gracioso como fregaora, porque se mete en tódolos fregaos. Identifícase como todo aquilo que xera lío. Maritha é auditora financeira, activista polos dereitos humanos, con discapacidade múltiple, xitana, creadora dixital, feminista e todas esas cousas que buscan líos. Unha muller con dobre personalidade: a profesional no mundo das contas e os números e o personaxe público que levanta paixóns, xera debate e moita polémica. Crea contido en redes sociais para axudar á alfabetización racial do seu pobo [o xitano], para que poidan identificar cando se lles discrimina, que se valoren, que se respecten. O fin de Maritha Marques vai máis aló de visibilizar a diversidade xitana, non quere que os seus irmáns, curmáns e os que veñan despois pasen pola “ignorancia” que ela pasou.

“Me ha sucedido el despertar racial, como decimos. Y a partir de que me ha sucedido ese despertar, ya no vuelves a ser la misma persona. Te das cuenta de cuando te dicen tú no pareces gitana, te están ofendiendo y yo lo tomaba como un alago. Porque para mí ser gitana era estar al margen”.

En palabras de Maritha, o imaxinario de que é ser xitano ou xitana construíuse dende a braquintude [os payos, os non xitanos] que ven aos xitanos como o que eles non queren ser, utilizándoos coma o contraexemplo do que a sociedade non quere ser.

Es muy difícil romper con el antigitanismo porque es algo creado desde arriba. Es algo estructural, histórico y perpetuado durante siglos”, Sandra Carmona.

Sandra Carmona é ilustradora profesional, educadora e editora. É co-fundadora de Altramuz, unha editorial que nace co propósito de romper coas narrativas que ata o de agora visibilizaron a diversidade, especialmente ao colectivo LGBTI e ao pobo xitano. Escribiu o relato infantil Alma, o primeiro conto que se distribuíu a nivel nacional onde a protagonista é unha nena xitana.

Yo soy gitana y quiero parecerlo, cueste lo que cueste, duela a quien duela

Maritha Marques.

Para Maritha Marques ser xitana significa que tes o peso, a responsabilidade, de vivir, de loitar polos que van vir detrás, para cambiar a imaxe que se vendeu historicamente das persoas xitanas e mostrar con orgullo a amplitude do que significa ser xitano ou xitana.

Cando se fala de diversidade entra en xogo a interseccionalidade, un termo que tende a confundirse ou ser mal utilizado tanto na rúa como nas redes sociais.

La interseccionalidad es la junción de varias opresiones y ninguna de ellas vale más que las demás. Es como un cruce de todas las opresiones que te atingen, no es una suma, es una intersección. La cuestión es que hay un cruce y ese cruce produce que tengas una opresión mayor, Maritha Marques.

[Dentro del colectivo LGTBIQ+ y el feminista] se siguen reproduciendo mecanismos racistas que puedes vivir fuera en algunos espacios. Quizás no en tan grandes dimensiones, pero son las personas que viven dentro de ese sistema. Así que yo dentro del colectivo y del feminismo me he encontrado personas que me han dicho que si la prueba del pañuelo, que si vengo hecha una gitana… Desde lo más mínimo hasta lo más hardcore. […] Que cómo puedes ser gitana y bollera, que si tu familia te acepta, te da lecciones de cómo somos porque eso es lo que más suele pasar, te dicen cómo eres, cómo vistes, cuáles son tus costumbres, Sandra Carmona.

Son poucos os espazos sociais seguros para unha persoa xitana e máis, se é muller. A xustificación constante e a exotización que sofren polo que o resto do mundo supón que significa ser xitana perséguelles en cada aspecto da súa vida. A contrargumentación constrúese como algo tan básico como romper os estereotipos que aínda se asumen.

Tenemos que esforzarnos doble o triple que la hegemonía lo logra con mucho menos esfuerzo. Parece que cuando algo nos sale bien no es porque hayamos trabajado lo suficiente, es porque nos ha caído en los brazos, como si tú no fueras digna. Es como el síndrome del impostor pero a nosotras el síndrome de la gitana, Maritha Marques.

E disto son responsables, en gran parte, os medios de comunicación que, a pesar dos avances que se poden apreciar nalgúns profesionais, a aparición das redes sociais e o seu discurso de odio desmesurado e incontrolado non din o mesmo:

Se algo queda claro é que as persoas non racializadas nin pertencentes a un colectivo historicamente oprimido están demasiado afeitas a ter o liderado do discurso, a poder opinar e a poder construír o contexto, habilidades e condicións das persoas que forman parte do devandito colectivo. Un colectivo, unha etiqueta. Simplificación absoluta.

Aínda que resulte máis cómodo quedar á marxe e ver como os avances se producen “por earte de maxia” a responsabilidade de rachar co antixitanismo é colectiva de toda a sociedade, non só das persoas afectadas.