ANTIXITANISMO?

O antixitanismo é unha forma específica de racismo exercido en contra da poboación de etnia xitana. Baséase na superioridade racial, alimentada por unha discriminación histórica que se manifesta a través da violencia, a discriminación e o discurso de odio.

Este odio constrúese sobre unha base de prexuízos e crenzas asimilados como características homoxéneas e comúns. Nesta asimilación participa a representación destas persoas en tódolas esferas públicas (medios de comunicación, espazos políticos, cultura…), que rematan por encarcelalas en prexuízos dos que é moi complexo saír. Son artistas ou delincuentes, traballan en mercadillos ou son persoas analfabetas, e cando non responden a estes prexuízos son consideradas raras avis dignas de estudo.

O antixitanismo limita, condiciona e filtra o presente e o futuro das persoas de orixe romaní. Perpetúa a exclusión e, polo tanto, a vulnerabilidade , dunha poboación que non está sendo dona do seu discurso e que, cando o é, pode facelo só dentro do contexto de persoa xitana.

No camiño de afondar neste concepto e nas súas consecuencias, podemos distinguir tres elementos que compoñen o antixitanismo:

O ANTIXITANISMO NON ACTÚA SÓ

Cando pensamos no colectivo xitano tendemos a xeneralizar e simplificalo, reducíndoo a un estigma do que non consegue desprenderse. Mesmo cando pensamos nos e nas activistas quedan moitas veces reducidas a persoas xitanas heterosexuais que, dalgunha maneira ou outra, saíronse lixeiramente do tradicionalismo que marca a súa cultura. 

Ser xitana e muller supón estar no punto de mira dunha sociedade que decidiu reducir a súa presenza a ritos pre-matrimoniais, crianza e analfabetismo. Pero, que pasa cando unha muller xitana decide quitarse esa etiqueta? As persoas somos seres de costumes e dificilmente conseguimos cambiar unha idea que nos inculcaron dende a infancia. Por moito que o avance dos tempos nos queira amosar que a muller xitana non se reduce a ese ideario ou que teñen voz e voto para construír a súa identidade, seguimos empeñados en reducir a aquelas que se saen “do normal” a unha incesante lista de “peros”, coma se elas fosen a excepción e a sociedade non-xitana puxese a norma.

As persoas xitanas pertencentes ao colectivo LGTBIQ+ sofren unha situación similar, atadas á invisibilidade e á dobre discriminación. Téndese a pensar que son unha rara excepción e cando se fala dese caso en concreto que parece tan fóra do común convértense en vítimas e heroes á vez, pois romperon as barreiras dunha cultura socialmente construída como patriarcal, anticuada e definitivamente heteronormativa.

O antixitanismo é transversal e por iso a súa loita debe enfocarse dende unha perspectiva interseccional.

[…]

¿Qué opinas sobre el trabajo que se hace con el tema de Igualdad? ¿Se está teniendo en cuenta esta interseccionalidad que supone ser mujer y gitana?

En su mayoría, las mujeres gitanas no tenemos una doble discriminación, si no triple: por ser mujeres, por ser gitanas y, en muchas ocaciones, por ser pobres. Hay una gran parte del pueblo gitano que vive en barrios de exclusión social dentro de la marginalidad donde hay niveles socio-económicos bajos. Eso es un tercer problema añadido. Esa zona de residencia te está generando una característica social añadida a ser mujer. La gente te señala aún más porque tu vengas de un barrio o de otro o tengas un código postal u otro. Cuando añadimos al hecho de ser pobre y mujer ser gitana la cosa no es que cambie, si no que se intensifica. Porque la sociedad en la que nosotros vivimos, que es patriarcal y machista, entiende que las mujeres gitanas con machistas.

El pueblo gitano sufre a diario de manera transversal e integral esta característica de machismo que la sociedad nos impone, incide en todas las situaciones sociales en las que se encuentran. Lo que hay que tener claro aquí es que las mujeres gitanas no somos ni más ni menos machistas.

[…]

(fragmento da entrevista a Alejandra Moreno)

FONTES

Recomendación de Política General Nº 13 de la ECRI sobre la lucha contra el antigitanismo y las discriminaciones contra los Romaníes/Gitanos

Valeriu Nicolae Representante Especial del Secretario General del Consejo de Europa para Asuntos del Pueblo Gitano, y activista gitano