non somos as túas xitanas
A estereotipación da muller xitana como parte do antixitanismo
No soy la gitana que tienes en la cabeza
repiten Silvia Agüero e Sandra Carmona
Ambas son activistas xitanas e ambas enfróntanse diariamente a comentarios coma “Non pareces xitana, non eres como as demais xitanas”.
Sandra Carmona é Ilustradora, editora, escritora e activista polos dereitos do pobo xitano:
“O antixitanismo crea o estereotipo de muller hererosexual, casada, con fillos, sumisa, cuidadora, en casa… e pensa que as mulleres xitanas son solamente isto.”
O discurso de odio a través do cal se manifesta o antixitanismo constrúese sobre unha base de prexuízos e crenzas que presentan ao pobo xitano, e en concreto á muller xitana, con características homoxéneas e comúns.
O antixitanismo simplifica e reduce a percepción da muller xitana a un estereotipo que encaixe co seu concepto racista. Toda a que saia de esa norma é percibida como “menos xitana”.
“É moi dificil que se o sistema segue a mostrar a mesma foto, o resto pense que a foto é outra, se non a ven” – explica Sandra – “O antixitanismo é como o patriarcado, está en todas partes, creces coa obligación de estar constantemente nunha loita e coa sensación de que esa loita non termina”.
As mulleres xitanas reivindican que elas son o que queren ser por riba do que o discurso antixitano arraigado durante séculos di que lle corresponde ser.
Nin o emprendemento nin a sexualidade nin a propia maternidade líbranse dos parámetros que establece o antixitanismo do que unha muller xitana debe ser.
Insiste Sofía Vázquez, coordinadora da cooperativa de reciclaxe de aceites “Mulleres Colleiteiras” na necesidade de demostrar a súa valía polo feito de ser mulleres xitanas. “Somos xestoras, revalorizadoras e transportistas certificadas. Tivemos que demostrar que sendo xitanas tamén podemos traballar, podemos facer o traballo asignado a homes. Hai moitísimas mulleres xitanas referentes que non visualizamos, que non concienciamos” .
A invisibilización da muller xitana coma suxeito libre e válido e a discriminación racial chega ata os ámbitos máis íntimos coma a maternidade e a saúde sexual.
Silvia Agüero, actriz, presentadora, escritora e activista, fala do xuizo continuo ao tipo de maternidade. “ Calquera persoa pode meterse coa maternidade xitana: ¿Porqué tedes tantos fillos?, tes que liberarte”.
Di Silvia que esta capacidade de xulgar ás decisións de maternidade e a violencia obstétrica que leva consigo son froito da herencia dun intento de exterminio. “Sabemos que somos fillas, netas, sobrinas… dunha resistencia. Das superviventes dun intento de exterminio.”
@agareso_ong 🗣Falamos con Sofía Vázquez, encargada da cooperativa @mullerescolleiteiras #mudaoconto
♬ Piano sleep LoFi slow midnight(808930) - Gloveity
@agareso_ong 🔥Silvia Agüero (actriz, presentadora de TV, escritora e activista): "cualquier persona puede meterse con la maternidad de una mujer gitana" #mudaoconto @kamipnasqomestipen ♬ Piano sleep LoFi slow midnight(808930) - Gloveity
Un só patriarcado para unha triple discriminación
O patriarcado é só un. Non hai patriarcado xitano nin andaluz nin musulmán. Na actualidade, o patriarcado é un dispositivo de opresión que sitúa os homes nunha escala de desenvolvemento humano superior á muller e, en función desta xerarquía, organiza a distribución do traballo e a distribución da riqueza no mundo.
El pueblo gitano contra el sistema-mundo. Pastora Filigrana
Con estas palabras sitúanos a escritora Pastora Filigrana ante a primeira premisa da discriminación das mulleres xitanas: a discriminación polo mero feito de ser muller, unha maneira de opresión extensible a tódalas mulleres.
E con estas mesmas palabras sitúanos frente a percepción social que temos do machismo dentro do pobo xitano.
Sandra Carmona explícanos como parte do discurso antixitano establece a premisa de que o machismo é unha característica do pobo xitano, obviando os actores poderosos que suxeitan o sistema patriarcal: “Hai moita xente que di que dentro do pobo xitano hai moito machismo e moita homofobia. Pois, sintoo moito, todo o machismo e a homofobia que me atopei veñen do patriarcado e da igrexa. O patriarcado e a igrexa afectan igual dentro e fora do pobo xitano e son os que crean e levan a cabo a práctica do odio do machismo e a homofobia.“Cando hai xente que non o quere ver é porque está cómoda perpetuando o estereotipo da muller xitana machista” .
A simplificación do concepto da muller xitana como unha muller machista que pertence a unha cultura machista obvia a interseccionalidade, a discriminación transversal á que está sometida a muller xitana explicando no feito de ser xitana comportamento e mecanismos propios doutro tipo de discriminacións.
Na súa maioría, as mulleres xitanas non sofren unha dobre discriminación, senón unha triple discriminación: por ser mulleres, por ser xitanas e, en moitos casos, por ser pobres.
explica Alejandra Moreno, da Federación de Asociacións de Mulleres Xitanas Fakali
@agareso_ong 🗣️Sandra Carmona (ilustradora, editora, escritora e activista polos dereitos do pobo xitano e do colectivo LGTBI): "a mí me da mucho coraje cuando me dicen que dentro del pueblo gitano hay más machismo, hay más homofobia" #mudaoconto ♬ Fantastic Apparatus - DJ BAI
“Hai unha gran parte do pobo xitano que vive en barrios de exclusión social dentro da marxinalidade onde hai niveis socioeconómicos baixos. Isto é un tercer problema engadido. Cando ao feito de ser pobre e muller lle engadimos ser xitana, a cousa non é que cambie, senón que se intensifica”, destaca Moreno.
Sandra Carmona relata como se produce ese pensamento perverso de asociar muller xitana con machismo ou sumisión sen ter en conta a situación de pobreza e exclusión social que sofre un alto porcentaxe la poboación xitana, especialmente, as mulleres:
“Máis do 80% dos xitanos viven en exclusión social. Hai mecanismos propios da exclusión social e vense en persoas payas, en persoas xitanas, en personas migradas… en todo o mundo, porque a exclusión social actúa en todo o mundo da misma maneira. O que hai que aprender a diferenciar o que se produce pola cultura xitana do que se produce pola cultura da exclusión social. O que lles pasa as mulleres xitanas é que o mundo dixo “ ti estás sucia porque es xitana”, “tes depresión porque es xitana, non vas ao médico porque es xitana, non tes casa porque es xitana…”. .É algo creado desde arriba, estructural, histórico e que se perpetúa durante séculos”.
Insiste Silvia Agüero do perigo de manter ese prexuizo racista con respeto da muller xitana para o feminismo: “O peor é cando pensas que vives nun mundo mellor que o meu por se paya, que os teus homes son mellores que os meus. Non, os teus homens matan, violan, igual que os meus.”
O feminismo romaní
Sandra Carmona, Silvia Agüero, Pastora Filigrana, Maritha Marqués, Sofía Vázquez, Lola Cabrillana, Noelia Cortés, Alejandra Moreno, Carmen Carbón, Melany, Ainhoa, Raluca, Aitana, Cristal, Cristina…
Tamén María José Jiménez Cortiñas e Carmen Fernández Molina e a Asociación de Gitanas Feministas pola Diversidade..
Tamén Rosa Cortés, protagonista da fuxida realizada en 1753 na Casa da Misericordia de Zaragoza, nos tempos da Gran Redada.
A historia e o presente do pobo xitano están cheos de mulleres feministas.
Disto sabe moito Pastora Filigrana, abogada sevillana, sindicalista, escritora e activista polos dereitos do pobo xitano:
“As mulleres xitanas protagonizaron verdaderos episodios de resistencia, comenzando polo simple feito de manter a vida. Sostendo e reproducindo a vida foi como evitaron un etnocidio”
“O movemento feminista xitano está en ebullición. Por unha parte, o movemento asociativo de mulleres xitanas foi un dos primeiros da democracia e por outra hai unha nova xeración que se define como feminista e que fala de antixitanismoo de xénero e inclue nas súas reivindicacións este enfoque interseccional de raza, xénero e clase. Corresponderá ás mulleres xitanas definir o seu marco e axenda dentero deste enfoque.”
Esta realidade é compartida por Sandra Carmona. “O feminismo xitano avanza. Cada vez hai máis sociólogos, máis activistas aos que se lles dá visibilidade. Non temos as mesmas ferramentas nin temos que telas que o feminismo branco”.
Engade Sandra no seu discurso unha visión de futuro:
As mulleres xitanas están a romper co patrimonio da historia da traxedia.
“Levar a mochila da condena, o castigo, os prexuízos, o rexeitamento e o racismo pesa moito e foron as mulleres xitanas as que souberon poñerlle nome á resistencia romaní. Se algo nos caracteriza, é a capacidade de resistencia”, engade Carmona.
PJENJALIPEN
Moito antes da palabra sororidade está Pjenjalipen. A irmandade entre mulleres que está no ADN da cultura romaní dende hai séculos. Os vínculos e redes de coidado. O reflexo, según conta Sandra Carmona de que “o feminismo romaní é herdanza desas pimeiras xitanas que non olvidamos e temos presentes, como Rosa Cortés”
@agareso_ong 🗣Falamos de resistencia e sororidade romaní con Sandra Carmona, ilustradora, editora, escritora e activista polos dereitos das persoas xitanas e do colectivo LGTBI. #mudaoconto ♬ sonido original – agareso
Sería pitonisa de la suerte de los hombres, según los sabios.
Sucia, salvaje y analfabeta, según los sabios.
Un burdo recurso literario de las novelas de los sabios.
Pero soy mujer homérica y virgiliana, poetisa
gitana y órfica; oceánide shakesperiana coronada en un estanque.
Si fuera analfabeta, igual de digna fuera, mucho más que los sabios.
A veces soy las siete mechas de la lucerna,
ardiendo en el sepulcro para mostrarme la nueva senda:
en las paredes de mi templo dejo escritas estas duquelas.
Fragmento de “Que se callen los sabios” de Noelia Cortés