Escoitámolas
A violencia obstétrica afecta a moitísimas mulleres ao redor do mundo, aínda existindo acordos sobre o inadecuado de diversas prácticas. Non é difícil atopar ao noso redor persoas próximas que sufriron algún dos aspectos que sinalamos anteriormente. Poder contar coa súa testemuña é fundamental para complementar tódalas visións que rodean este tema, pero tamén supón darlle espazo a historias persoais que nunca chegaron a ser escoitadas.
As mulleres que quixeron compartir connosco as súas vivenzas teñen experiencias, idades, orixes e personalidades diversas. Cada unha delas sufriu diferentes episodios que teñen en común a evidencia da violencia sufrida e, sobre todo, o desprezo da súa opinión ou demandas.
Dende Redeiras queremos que transcenda a forza do seu relato polo que mantemos o seu nome no anonimato. Cada unha delas elixiu o formato da testemuña e está informada do tratamento da súa história.
Hai situacións nas que o embarazo se ve interrompido de xeito involuntario. Son momentos psicoloxicamente duros nos que o trato do persoal sanitario acada unha maior dimensión. A recepción e acompañamento son fundamentais.
A primeira muller que quixo compartir a súa experiencia sufriu un aborto involuntario. Na súa testemuña reflíctese a mala xestión sanitaria, sobre todo na súa primeira visita ao centro de saúde, e a soidade que, como consecuencia, sentiu.
"Só pensaba en cantas mulleres pasarían por iso mesmo e na soidade que sentirían", Testemuña 1
Antepoñer o interese médico á vontade da nai é unha das actitudes máis comúns cando falamos de VO. Isto materialízase coa ausencia de información e a toma de decisións de costas ás mulleres.
Unha das vontades que moitas veces se ignoran é a de ter o acompañamento da persoa que fixo o seguemento de todo o proceso no momento do parto. Para as mulleres xestantes é importante que as persoas nas que confían estén presentes. Estas son referentes dos antecedentes médicos e das vontades mostradas durante todos os meses de xestación. Un exemplo disto é o que sufriu a muller que coñecemos coma “testemuña 3”, quen denunciou que a súa petición non foi escoitada, e o seu reclamo non tivo, aínda, repercusións.
Testemuña 2
T2 parte II
T2 parte III
Outro caso habitual no que non se ten en conta a opinión da muller dáse cando opcións que deberían ser consultadas e informadas se converten en ordes directas e obrigadas. Cóntanos este caso a muller que nomeamos como “testemuña 4”.
Testemuña 4
Testemuña 3
As mulleres fan seguemento do seu embarazo e son fonte de información necesaria para que o parto vaia o mellor posible. A nosa última testemuña comparte con nós o desprezo que recibiu cando daba avisos ao equipo que atendeu o parto e que, en ningún momento quixo escoitala.
Testemuña 5
T5 parte II
Denunciar a VO é complexo. Por unha banda, por mor do desgaste físico e psicolóxico sufrido e polo medo a revivir estes episodios. Por outra, pola falla de confianza no sistema, quen probablemente non ofreza solucións e faga efectivo o proceso de denuncia. Como sucede con tódalas violencias machistas, o foco vira cara a vítima, á que se lle esixe poder.
Estas cinco mulleres representan a moitas que sufren día a día estas violencias. A maioría descoñecen o termo de violencia obstétrica e tamén a frecuencia coa que se repiten estas situacións. Elas non teñen común nin a procedencia, nin o centro que as atendeu, nin diferentes variables sociolóxicas, pero o que si as une é o seu desexo de que a súa testemuña poida axudar a outras a detectar cando os procedementos están sendo incorrectos, agresivos ou mesmo ilegais, e poder, en definitiva, colaborar en que o sistema non esconda nin xustifique a violencia obstétrica.