PARTO RESPECTADO
María José chegou segura do que quería: un parto respectado, unha experiencia da que puidera participar e desfrutar. Non foi por casualidade que sendo matrona noutro hospital de Valencia elixira o Hospital de la Plana para traer ao mundo a Nina. Sabía que alí o concepto de parto respectado era máis que unha utopía. Era un compromiso firme e real con cada unha das mulleres que daban a luz.
Arantxa chegou tranquila, sen presas nen gritos. Coa tenrura dos que cren no marabilloso traballo de axudar a traer vidas ao mundo. Enfundada no pixama branco, o pelo nunha coleta e disposta a atender e acompañar a María José. Só dúas mulleres na intimidade dun nacemento.
A matrona, presente e apoiándoa, reafirmaba o papel protagonista e decisitivo da nai: “No te preocupes, haremos lo que tú quieras”
A futura nai pediu dar a luz na bañeira. Sumerxida en auga, nunha sala individual e coa atenta mirada de dous bebés debuxados na parede. María José comezou coas contraccións. Á súa beira Arantxa, a matrona, colléndoa da man, preguntaba atenta: “¿Cómo estás Mariajo? ¿quieres quedarte un ratito ahí? Podemos aprovechar si quieres para probar alguna postura”.
María José estaba ben na auga pero a dor comenzaba a ser demasiado intensa e continuada. Ela tiña decidido que quería un parto natural e na bañeira pero a realidade era que o tempo pasaba e cada vez estaba máis cansa. “Arantxa estoy agotada, lo único que quiero es dormir”. Os ollos de María Jose entornábanse e adormecía. A matrona, presente e apoiándoa, reafirmaba o papel protagonista e decisitivo da nai: “No te preocupes, haremos lo que tú quieras”.
O parto que imaxinara María José non ía a ser posible. O agotamento facía que precisara dalgunha axuda para calmar a dor. Consensuaron a saída da bañeira, a nai pediu óxido nitroso e mentres aspiraba o sedante de pe ao carón da cama, a matrona balancéalle as cadeiras.
Ela estaba a se percatar de que xa non estaba vivindo o parto como quería vivilo: non podía usar a bañeira, non podía mobilizarse como desexaba porque non se monitorizaba ben á bebé, a sedación non facía o efecto esperado…. Sopesou todas as variantes e decidiu que si pedía a epidural podería desfrutar máis do que estaba a facer. Entre contracción e contracción e coa cabeza entre as mans díxolle a Arantxa o que quería.
“Hice bien. Mi cuerpo se relajó”, contaríanos máis adiante unha María José máis calmada e ser dor. Cando os monitores comenzaron a dar sinais de que Nina estaba lista para saír Arantxa comunicoullo: “Voy a avisar a ginecología para valorar el monitor, ¿vale?”
Despois da forza e emoción: era o momento de empuxar. Arantxa e as dúas xinecólogas relataban cada paso do proceso e María José preguntaba cada dúbida. Aos ánimos de “fuerte, muy bien, sigue así” seguíanlle un grito. María José tocaba a cabeciña da súa bebé mentres miraba como nacía por un espello que o equipo médico colocou estratexicamente.
“Mira, cógela. Qué bien lo has hecho tía, qué bonito. Enhorabuena”, dicía Arantxa. “No me lo creo” repite a nai entre choros de emoción mentres bica a manciña de Nina que abre os ollos ao mundo.
Estes vídeos foron cedidos polo equipo de Barret Cooperativa quen os gravou durante a produción do seu traballo “Parir en el siglo 21”
Que é o parto respectado?
Aínda que nos poida soar a utopía, o parto respectado é simplemente o proceso fisiolóxico polo que unha muller dá a luz sendo escoitada e atendida con respecto por parte do personal sanitario.Para isto, é necesario que previamente se lle informara con claridade sobre as posibilidades que ten, convertendo o parto nun proceso natural no que a relación entre paciente e persoal sanitario sexa horizontal, de colaboración e non de imposición. María Jose é unha das mulleres que puido gozar dun parto no que ela tivo as rendas durante todo o tempo nunha sala adaptada ás distintas opcións e necesidades, na que se escoita e se respecta. Tomar decisións sobre o teu propio proceso non significa que queiras desacreditar os anos de experiencia ou os estudos que as matronas ou enfermeiras teñen respecto diso. A idea é lograr o consenso entre os consellos que recibes e as eleccións sobre o teu propio corpo.
A enfermeira Desirée Mena aclara que “hay que mostrar que un parto puede ser natural, fisiológico, sin medicación ninguna porque una mujer así lo desea. Y tan válido es ese parto como el de la mujer que desea una cesárea. Pero, la mujer que desea una cesárea tiene que ser informada con pros y contras de qué supone esa cesárea”. É aquí onde radica a importancia de entender que é a violencia obstétrica e a loita para erradicala: que a infinidade de posibilidades en todo o proceso de xestación sexan respectadas e compartidas, contando as nais con toda a información.
A nivel social, son varias as accións que se poden e deben levar a cabo para que haxa máis mulleres que poidan gozar dun parto como o de María José, sen que sexa unha árdua procura. O máis importante é falar publicamente, compartir e denunciar as experiencias propias e de persoas próximas como familiares ou amigas. Ao longo dos anos normalizáronse historias de abuso: malas palabras, intervencións cirúrxicas innecesarias e dolorosas, pouco respecto, etc. Ao compartir e falar sobre iso créanse contornas de confianza nas que a vítima se dá conta de que non está soa. Este é o primeiro paso para o entendemento e acompañamento.
A nivel sanitario requírese unha revisión interna do sistema, dos códigos de conduta e de comunicación coa paciente. É fundamental ser consciente das malas conductas que se están levando a cabo e traballar por combatelas e cambiar esta realidade. Mercedes Rey, matrona na área de Santiago, comparte a clave para conseguilo: “Boas prácticas contra a violencia obstétrica: garantir a seguridade do proceso para a nai e para o bebé e intervir se é necesario. […] Cada intervención ten unha consecuencia”.
Os primeiros pasos cara a este cambio xa se deron grazas ao traballo incesante de profesionais e vítimas que compartiron as súas vivencias e apoiaron a aquelas persoas que están decididas a poñer en valor a defensa dos dereitos da muller.