a VIOLENCIA OBSTÉTRICA
Cando escoitamos o termo “violencia obstétrica” parécenos complexo e que pouco ou nada ten que ver con aquilo que pode afectar ás nosas vidas. Porén, é unha práctica común no sector sanitario público e privado. A violencia obstétrica refírese a distintas prácticas e condutas, algunhas máis comúns que outras, que sofren as mulleres durante o seu embarazo, o parto ou o puerperio por parte do persoal sanitario. Como se materializa? Abuso de medicalización, patoloxización dos procesos naturais do corpo da muller, toma de decisións sen previa consulta á paciente, intervencións quirúrxicas innecesarias ou non recomendada, desinformación dos procesos, gritos e malos tratos… En consecuencia, prodúcese unha perda da autonomía das mulleres sobre os seus propios corpos privándoas da capacidade de decidir.
Juan Gervás, Doctor en Medicina xubilado, denunciou publicamente o abuso da “heparina” – un anticoagulante – parto, alertando que, en xeral, provoca máis danos que beneficios. El é un dos tantos sanitarios que falan da violencia obstétrica, co fin de visibilizar unha discriminación cara as mulleres que cada vez se combate máis.
“Hay que mostrar que un parto puede ser natural, fisiológico, sin medicación ninguna porque una mujer así lo desea. Y tan válido es ese parto como el de la mujer que desea una cesárea. Pero, la mujer que desea una cesárea tiene que ser informada con pros y contras de qué supone esa cesárea”.
Marta Galindo, comadrona dende hai 17 anos, fai unha diferenciación crave para entender o concepto: “Es conveniente diferenciar mala praxis de violencia obstétrica. Creo que son términos que habitualmente se confunden y se entremezclan. No son lo mismo. Sí que muchas veces se pueden dar de forma conjunta pero no son lo mismo. Las malas praxis serían actos profesionales puntuales que acaban causando alguna lesión a la paciente y que estaría relacionado con negligencias, con imprudencias, etc. En cambio, la violencia obstétrica es algo estructural, son prácticas y comportamientos normalizados en la atención a la mujer en sus procesos reproductivos y sexuales”.
A violencia obstétrica non responde a un contexto xeográfico, social ou económico concreto. Por iso, medir a prevalencia de estas accións é necesario para afrontala. Así nolo conta Mercedes Rey, matrona na área de Santiago e vogal da Asociación Galega de Matronas:
A VIOLENCIA OBSTÉTRICA EN CIFRAS
Os elementos que constitúen a violencia obstétrica son, por unha banda, psicolóxico e intanxibles, como a infantilización e o trato vexatorio que reciben a muller e os seus acompañantes, ou a omisión de información e a carencia de consentemento expreso antes e durante a intervención. Este trato fai ás mulleres (segundo os estudos, a un total do 36%) sentirse vulnerables, culpables, inseguras ou incapaces durante e despois do parto. O medo a expresarse (48%) e o baixo número de mulleres que consideran os seus dereitos respetados (22,2%) pon de relevancia esta realidade.
Por outro lado, atopamos prácticas que poderiamos definir como máis sinxelas de demostrar, se ben non sempre están recollidas nos informes médicos do xeito correcto, nin reflectidos os antecedentes que levaron a determinadas decisións, ou simplemente se inclúen no caixón de sastre de “para salvagardar o benestar e a vida do feto e da nai”. Estes elementos son a realización de prácitcas agresivas, innecesarias e inxustificadas, como por exemplo, as cesáreas e a maniobra Kristeller, a presenza de diferentes profesionais na sala de partos sen o consentemento da nai e o impedimento ou reixeitamento do contacto pel con pel tras o parto.
Moitas destas cousas están xa incluídas no plan de parto, que é respetado polo 20,2% dos profesionais según as enquisas, pero cando se pregunta en concreto por estas prácticas atopamos só un 6,3% de mulleres que foron informadas de intervencións dolorosas, sobrevenidas ou, mesmo, innecesarias.
Tódolos datos anteriormente mencionados foron consultados nos seguintes estudos: Desirée Mena-Tudela, Susana Iglesias-Casás, Víctor Manuel González-Chordá, Águeda Cervera-Gasch, Laura Andreu-Pejó y María Jesús Valero-Chilleron: “Obstetric Violence in Spain (Part I): Women’s Perception and Interterritorial Differences, Octubre 2020 e Juan Miguel Martínez-Galiano, Sergio Martinez-Vazquez, Julián Rodríguez-Almagro, Antonio Hernández-Martinez: “The magnitude of the problem of obstetric violence and its associated factors: A cross-sectional study”, Septiembre 2021.