A REALIDADE ACTUAL

O parto é un proceso común e socialmente asumido como doloroso pola meirande parte das mulleres e profesionais. Esta normalización, apoiada polas frecuentes “anécdotas” que tantas veces escoitamos cando falamos da atención sanitaria vinculada aos nosos dereitos sexuais e reprodutivos, desemboca na incorrecta ou inexistente identificación da violencia obstétrica e na patoloxización do propio proceso fisiolóxico. Estas “anécdotas” son tamén o primeiro paso no camiño da desinformación. Un exemplo disto é, segundo Desirée Mena, enfermeira, doctora en Ciencias de la Salud e profesora na Universitat Jaume I (Castellón): “El desconocimiento genera, por ejemplo, la preferencia de la cesárea en las mujeres jóvenes próximas a la maternidad”.

A falla de información e a normalización destas praxes debuxan un panorama no que colectivos de mulleres e profesionais da saúde loitan por situar o termo “violencia obstétrica” na axenda política. No caso de España, a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e de Interrupción Voluntaria do Embarazo non recollía contemplacións sobre o tema. Porén, en maio deste ano, o Ministerio de Igualdade presentou unha modificación desta lei que xa recollía alusións ás prácticas vinculadas á violencia obstétrica, aínda que sen poñerlle nome. 

A terminoloxía importa neste caso máis do que poidera parecer. As primeiras referencias ao concepto de “violencia obstétrica” nacen alá polo século XIX da man dun xinecólogo inglés nunha recoñecida publicación denominada “The lancet”. Porén, non foi ata o 2019 que a ONU recoñece o termo nun dos seus comunicados e comeza a gañar relevancia das cúpulas de poder. O informe da ONU non foi máis que o primeiro paso do concepto “violencia obstétrica” polos organismos internacionais. Tan só meses despois, en marzo de 2020, o Comité para a Eliminación da Discrminación contra a Muller (CEDAW) condena a España por neglixencia nun caso no que se demostrou este tipo de violencia. 

Cando se comeza a falar de violencia obstétrica, esta convértese nunha realidade para as institucións. Aínda que esta foi e é unha realidade crúa na que se deixan entrever posicionamentos políticos. Se ben a lei estatal continúa en procesos de mellora precionada polo “medo” dos colexios de médicos que berrando a súa contundente oposición o pasado mes de abril, existen leis autonómicas que xa recoñecen estas conductas. É o caso da Lei da Comunidade Autónoma de Catalunya de xaneiro de 2021 que parecía sentar precedente de cara ás modificacións na lei española. 

 “Para mí el cambio de modelo asistencial es fundamental la continuidad de cuidados por parte de profesionales, en este caso, por parte del profesional matrona”, apunta Soledad Carregui, matrona e supervisora do servizo de partos do Hospital La Plana sobre a necesidade de romper co modelo biomédico protagonista actualmente no sistema á hora de atender ao parto. “Así vamos a medicalizar menos los procesos y tener mejores resultados tanto maternos como neonatales”, asegura. O modelo biomédico, segundo apunta o estudo Perspectiva de género en la relación entre profesionales del área de la salud con usuarios y usuarias: Una revisión de la literatura , estableceu trabas no relativo á saúde sexual e reprodutiva das mulleres, impoñendo un violento control sobre os corpos e os seus procesos, o que implica unha exclusión da toma de decisións sobre as propias vidas e a inclusión dos intereses de grupos privilexiados por enriba dos das mulleres. 

 

 

Que dereitos temos?

A desinformación é un dos maiores obstáculos no camiño cara a garantía de dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres. Por isto, é preciso deixalo claro, estes son os nosos dereitos: